Violencia de Xénero
> Ver guía
A Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero (BOE núm. 313 de 29 de decembro de 2004), consagra e garante, ás mulleres que son ou foron vítimas de violencia de xénero, unha serie de dereitos, coa finalidade de que as mesmas poidan pór fin á relación violenta e recuperar o seu proxecto de vida.
¿QUE DEREITOS TEÑEN As MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO?
A Lei Integral recoñece todo un catálogo de dereitos ás mulleres vítimas de violencia de xénero:
- Dereito á información, á asistencia social integral e á asistencia xurídica gratuíta.
- Dereitos laborais e prestacións da Seguridade Social.
- Dereitos da funcionarias públicas.
- Dereitos económicos.
O DEREITO Á INFORMACIÓN
Comprende o dereito a recibir información e asesoramento sobre as seguintes materias:
- a) As medidas que a propia Lei prevé coa finalidade de dar protección ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
- b) Os dereitos e axudas que a Lei recoñece a favor das mesmas.
- c) Os recursos de atención, urxencia, apoio e recuperación integral e a forma de acceso aos mesmos.
O DEREITO Á ASISTENCIA SOCIAL INTEGRAL
Para facer real o seu dereito á integridade física e moral, as mulleres vítimas de violencia de xénero, e os seus fillos e fillas menores, teñen dereito a servizos sociais de:
- Atención.
- Urxencia.
- Apoio e acollida
- Recuperación.
A través dos mesmos, faise posible que as mulleres:
- Reciban asesoramento sobre as actuacións que poden emprender e os seus dereitos.
- Coñezan os servizos aos que poidan dirixirse para solicitar asistencia mental, médica, psicolóxica e social.
- Accedan aos diferentes recursos de aloxamento (urxencia, acollida temporal, centros tutelados, etc.).
- Recuperen a súa saúde física e/ou psicolóxica.
- Logren a súa formación, inserción ou reinserción laboral, reciban apoio psicosocial ao longo de todo o itinerario da vítima.
O dereito á asistencia social integral recoñécese, tamén, aos e as menores que viven nestas contornas familiares.
O DEREITO Á ASISTENCIA XURÍDICA GRATUITA
A Lei Orgánica 1/2004 recoñece, a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero, a asistencia xurídica inmediata, en todos os procedementos relacionados coa súa situación.
A designación de avogado/a realízase inmediatamente, pero se, este dereito non se solicita ou finalmente é denegado, a vítima deberá abonar os honorarios devengados pola intervención do avogado/a e do procurador/a.
Para este dereito, debe acreditarse que os ingresos económicos, computados anualmente e por unidade familiar, non superen o dobre do salario mínimo interprofesional.
Ademais, o dereito á asistencia xurídica gratuíta comprende as seguintes prestacións:
- Asesoramento e orientación gratuítos previos ao proceso. Inserción gratuíta de anuncios ou edictos en xornais oficiais.
- Exención de pago de depósitos necesarios para interpor recursos.
- Asistencia pericial gratuíta.
- Obtención gratuíta ou redución do 80% dos dereitos arancelarios dos documentos notariais.
[Máis información neste documento]
Centro de Información á Muller (CIM) Soutomaior
Multiusos de Arcade | r/ Peirao 8 Arcade 36690. Pontevedra.
Teléfono e Fax: 986.701.227 | e-mail: info@ex-presion.com |
|